Colmeiro, cor e sentimento contitúe unha revisión da obra de Manuel Colmeiro, un dos pintores chave na historia da arte galega do séculoi XX, desde unha optica diferente: analizando a importancia da cor na sua obra a través de case cen pezas, a maioría óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.
A comisaria da mostra, na Fundación Luis Seoane da Coruña, a artista plástica Mónica Alonso, constrúe un percorrido expositivo que permite ao espectador mergullarse na obra do artista a través do emprego que este fai da cor: os azuis e verdes, básicos na súa pintura, presentes nas súas paisaxes, no mar; os amarelos e laranxas para a luz, para iluminar a roupa e expresar emocións como a ledicia; os vermellos, menos frecuentes, como ferramenta de contraste; os marróns da terra, que atenúan a dureza dos grises e os negros do rigor da existencia e do horror da guerra.