Manuel Rivas enfronta o presente en ‘O que fica fóra’

Aparece en Apiario un novo poemario de Manuel Rivas, un xénero que o autor nunca abandonou, pero ao que non volvera desde o 2015 con aquel ‘A boca da terra’. Agora volve con ‘O que fica fóra’, da colección Cera Labrada, un poemario que une palabra e caligrafía, procedemento que nos leva directamente á poesía de Uxio Novoneyra.

‘O que fica fóra’ ten algo de navegación persoal para estes tempos de deriva, analiza o presente incerto, recolle a voz do que está en perigo. Alba Cid comenta na súa última colaboración de 2021 este regreso de Manuel Rivas á poesía. 

Pin It on Pinterest

75 Shares
Share75
Tweet
Share