O cuarteto de Boiro volve aos concertos este xoves na sala Capitol de Santiago, onde por fin haberá público de pé escoitando as cancións do seu último disco, publicado pouco antes da pandemia. Falamos con Isa Cea, Rubén Muñoz e Rafa Mallo da volta aos directos e dos moitos proxectos que idearon nestes meses, como a reedición dos seus catro primeiros discos con material inédito.
Nova xira de Triángulo de Amor Bizarro
Podcast: Play in new window | Download (17.7MB)
Subscribe: RSS