“O 14 de marzo de 2012, ás 14:36, paseando da Gran Vía cara a Atocha, na rúa Marqués de Cubas 23, vexo un colector amarelo no que impactaba o sol en ángulo oblicuo, de dereita a esquerda: a miña luz preferida e a que uso en case toda a miña obra. Tomei unha fotograía e en días posteriores volvín ver o mesmo colector, con variacións na carga, ata que un día xa non estaba”.
Metémonos de cheo na cidade, porque así describe Manuel Quintana Martelo o momento no que un raio de sol sobre un colector lle deu a idea dun proxecto artístico ao que leva adicado case 10 anos. Containers, a exposición que agora podemos ver no MARCO de Vigo, lévanos, a través da arte, a observar un mundo urbano descoñecido.