“Novas diásporas”: a voz de Galicia na emigración

Entre hoxe e mañá celébrase no Consello da Cultura Galega a xornada “Novas diásporas”, coordinada por Antía Pérez Caramés, que pretende dar unha panorámica xeral do fenómeno dos novos movementos migratorios. Parece que Galicia está desde o século XIX destinada a ser país de emigrantes, a marchar na busca de máis e mellores oportunidades; pero o certo é que aqueles primeiros emigrantes pouco teñen que ver cos actuais.

A vaga actual da emigración comeza coa crise do ano 2008, cun aumento da mobilidade entre Galicia e o resto de Europa. Unha nova vaga con características diferenciadoras: xente formada, uso das redes sociais para manter contacto coa casa, e destinos europeos ben coñecidos xa pola emigración galega. Dicimos moito iso de que Galicia non se entendería sen a diáspora, pero para iso temos que escoitar máis e coñecer mellor a esa diáspora.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share