Eva Díez, Miguel Vidal, Raquel Calviño, Javier Teniente e Manuel Sendón lévannos con eles de viaxe polo seu proceso creativo nunha serie audiovisual que pon estes fotógrafos e as súas fotografías no centro.
Iso é Ollar.gal: Escolma da Fotografía Galega Contemporánea, un proxecto dirixido por David Hernández, con guión de Jorge Lens e montaxe de Alex Penabade.
Ollar.gal é unha escolma de fotógrafos galegos actuais, feita por David Hernández, Alex Penabade e Jorge Lens. Pretenden achegar ao publico galego, non só a obra dos fotógrafos, senón tamén a súa forma de traballar, o seu proceso creativo, a súa ollada… e fano a través da curta documental. Por agora levan 5 fotógrafos, pero esperan ir ampliando a selección.