Esta tarde preséntase no Teatro Principal de Pontevedra o documental ‘Acorda’, unha iniciativa do departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Un traballo que percorre os lugares da memoria esquecida da provincia e os fai revivir a través das voces de Uxía, Eladio Santos, Tanxugueiras, Emilio Rúa e máis.