Visitamos A Casa da Nube, de Luís Borrajo, en Ourense

No noso percorrido artístico semanal, Rosario Sarmiento segue descubríndonos obras artísticas en espazos públicos; neste caso, A casa da nube, do escultor Luis Borrajo, en Ourense.

Realizada en 1989 por encargo do arquitecto Pepe Casabella, autor da remodelación deste emblemático espazo urbano da capital ourensá, A casa da nube atópase nun emprazamento  aberto que permite ser transitado pola cidadanía. Borrajo consideraba que tendo en conta a súa localización, esta peza debía ser un nexo de unión e dialogo entre o casco antigo e a zona nova da cidade.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share