Zeta | Episodio 37

Na sección de Tamara Andrés dedicada á literatura, falamos con Javier Peña que dirixe a Residencia Literaria da Cidade da Cultura. Desenvolverase entre os días 5 e 16 de xullo e é un proxecto enmarcado no programa Residencias artísticas do Gaiás.

Na sección de Sara Donoso conversamos con Eva Fandiño e Iria Rodríguez sobre Galpón Lab, unha asociación que ten como obxectivo promover o intercambio cultural a través de diferentes proxectos como faladoiros, exposicións ou obradoiros.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, onde afondamos no pasado dos nosos referentes culturais, a nosa compañeira Lucía Junquera descóbrenos que facía durante a súa mocidade o debuxante Kiko da Silva

Pin It on Pinterest

56 Shares
Share56
Tweet
Share