Voadora estreará a súa versión de ‘Othello’ de Shakespeare na MIT de Ribadavia, coprodutora xunto co Teatro de La Abadía de Madrid, de onde vén de representantar a obra durante varias semanas. Co foco nos celos, na posverdade, no feminicidio, na islamofobia, este ‘Othello’ é un hashtag irreverente, visual e musical que esencializa e xoga libremente coa obra do dramaturgo inglés para enfado de puristas e ledicia de quen busca unha escena atrevida e de impacto sobre temas actuais.
Un comentario de Roberto Pascual.