Na sección de Sara Donoso afondamos na relación entre creación e maternidade a través da voz e da propia experiencia de Anxela Caramés, Olaia Sendón, Sonia Tourón, Chus Villar e Amaya González.
Na sección de Cibrán Tenreiro falamos sobre a crítica musical con Celia Eiras que escribe e é editora en Balea, un medio dixital en galego que trata temas culturais e que podedes atopar na internet como balea.gal
Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, onde afondamos no pasado dos nosos referentes culturais, Lucía Junquera achéganos á mocidade da actriz e cantante coruñesa Patricia de Lorenzo .