Zeta | Episodio 34

Na sección de Tamara Andrés falamos coa tradutora, filóloga e crítica literaria Iria Pedreira Sanjurjo, que vén de verter ó galego dende o grego clásico dúas obras do famoso dramaturgo Eurípides. Trátase das pezas dramáticas Ión e Ciclope, xuntas nun mesmo volume editado polo selo Rinoceronte.

Na sección de Brais Romero, experto no eido audiovisual, conversamos coa directora e axudante de dirección viguesa Ester García Mera, que vén de presentar o videoclip Llama Encendida para Los Hermanos Cubero e Rodrigo Cuevas. Tamén nos achegaremos ós seus últimos traballos: varias curtametraxes e fashion films.

Na sección ‘Nos meus 20 anos…’ , na que referentes culturais contan que facían e onde estaban a esa idade, a nosa compañeira Lucía Junquera achéganos á mocidade do músico Xurxo Souto.

Pin It on Pinterest

21 Shares
Share21
Tweet
Share