Na sección de Ana Abad, falamos con Yoli Lorenzo e Iván Márquez, da compañía galega Tricotrí Teatro. Están en Madrid de xira co seu primeiro espectáculo Monstros de dez minutos, dirixido ao público familiar.
Na sección de Cibrán Tenreiro, conversamos sobre música e concertos coa DJ galega Teresa Ferreiro. En concreto, afondamos nas últimas medidas para conter a Covid-19 que afectan ás actividades musicais.
Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, onde nos achegamos á mocidade dun referente cultural, a nosa compañeira Lucía Junquera descóbrenos que facía o músico Vituco Neira cando contaba con 20 anos de idade.