Na sección de audiovisual de Brais Romero falamos coa cinesta Sol Mussa que vén de presentar a súa última curtametraxe: ‘Ratatouille’, un filme ambientado e filmado na cociña dun restaurante londinense. Unha curtametraxe etnográfica que amosa a contorna de traballo na hostalaría, cos ollos postos na precariadade laboral e as tarefas diarias máis desafiantes. Todos os traballadores do restaurante son inmigrantes e Sol Mussa intenta fiar os conflitos da capital inglesa xunto cos conflitos a menor escala que agroman no día a día laboral.
Na sección de Sara Donoso, experta en artes visuais, afondamos no proxecto Cuchiflainas da artista Xoana/Pascual, unha iniciativa que se centra na moda e complementos pero que tamén combina a pintura, a serigrafía, a reciclaxe, a costura e o deseño.
Na sección ‘Nos meus 20 anos…’, Lucía Junquera descóbrenos a mocidade da escritora Charo Pita durante a súa mocidade.