‘Ratatouille’, un filme etnográfico ambientado nunha cociña londinense

Falamos coa cinesta Sol Mussa que vén de presentar a súa última curtametraxe: Ratatouille, un filme ambientado e filmado na cociña dun restaurante londinense. Na sección de Brais Romero afondamos nesta curtametraxe etnográfica que amosa a contorna de traballo na hostalaría, cos ollos postos na precariadade laboral e as tarefas diarias máis desafiantes. Todos os traballadores do restaurante son inmigrantes e Sol Mussa intenta fiar os conflitos da capital inglesa xunto cos conflitos a menor escala que agroman no día a día laboral.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share