Tamara Andrés ofrécenos tres das propostas dirixidas á mocidade que teñen como obxectivo dar a coñecer e divulgar a figura e a obra de Xela Arias, a poeta sarriá a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
No tempo dedicado ás artes escénicas, Ana Abad cóntanos o último éxito do dramaturgo Ernesto, que vén de gañar a bolsa de dramaturxia de AGADIC co proxecto Relato para un incendio.
Por último, na seccións ‘Nos meus 20 anos…’ achegámonos á mocidade do escritor Marcos Calveiro da man de Lucía Junquera.