Na sección de Cibrán Tenreiro conversamos con Estefanía Tarrío sobre o proxecto Rizoma que ten como obxectivo a divulgación da música underground en Galicia. Céntrase no punk, metal e o rock.
No tempo dedicado ás artes visuais da man de Sara Donoso, afondamos no proxecto ‘CATRO + CATRO’ de Taller Abierto. Unha iniciativa que, coa axuda dunha serie de vídeos, pretende achegar a arte contemporánea galega ós rapaces dos colexios a través da obra de oito artistas mozos.
Por último, achegámonos á mocidade da cesteira Idoia Cuesta da man de Lucía Junquera na sección ‘Nos meus 20 anos…’