Na sección de Literatura de Tamara Andrés afondamos no libro A froita do coñecemento con Patricia Buján, unha das editoras de Catro Ventos. Achegámonos as claves desta obra gráfica da feminista e debuxante sueca Liv Strömquist que repasa a historia dos xenitais das mulleres.
Tamén conversamos coa lucense Irene Pin, directora da webserie Amnesia 3.0, nominada ós Premios Mestre Mateo, na sección de Brais Romero, o noso experto no eido audiovisual.
Por último, Lucía Junquera descóbrenos a mocidade dun dos artistas galegos máis polifacéticos: Tonhito de Poi.