A nosa colaboradora Tamara Andrés, especialista no eido literario galego, descúbrenos o fanzine ‘Flor de cempasúchil’ da artista Aranxa Vicens.
Pola súa parte, Ana Abad, a nosa experta en artes escénicas, debúllanos o ‘Festival de Pezas dun Teatro do Porvir. Procesos abertos de escrita dramática. Galiza e Portugal’, organizado pola sección de literatura dramática da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), celebrado o 21 de novembro dentro das xornadas de Literatura Dramática.
E ademais, na sección ‘Nos meus 20 anos’, a nosa compañeira Lucía Junquera achéganos á mocidade de Yolanda Castaño, poetisa e crítica literaria.