Roberto Pascual atópase na Cidade da Cultura, na presentación do I Congreso Internacional do Teatro Galego, que reúne durante tres días a máis de 60 profesionais para reflexionar sobre o devir da nosa escena.
Unha das primeiras visións e retrospectivas foi a conferencia inaugural da profesora e directora Cristina Domínguez, baixo o título “O teatro galego proxectándose cara o século XXI: os desafíos da poscrise”.