Falamos da mostra “Seica”, a primeira exposición individual de Xesús Carballido

A obra de Xesús Carballido é absolutamente singular, traballando cunha linguaxe profundamente persoal recupera obxectos da vida cotiá para integralos e compoñera partir deles e dunha maneira equilibrada, unha nova obra de arte. Compón os seus collages a partir de obxectos que deixaron de empregarse, que xa non teñen utilidade, e que adquiren de novo vida propia dentro da peza, evocando lembranzas, recordos e ideas.
Carballido emprega todo tipo de pequenos obxectos para crear as súas obras, desde tipos de imprenta a cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias, etiquetas de produtos comerciais e mil obxectos máis; construíndo con todo iso minimundos que nos trasladan a lugares misteriosos, pero tamén coñecidos, como gardados nos recunchos da nosa memoria.
A mostra do Museo do Mar, componse de preto de setenta obras -collages, debuxos e tamén algunha escultura- e entre as que se atopan dúas series de temática mariñeira elaboradas especificamente para esta exposición. 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share