Como é o cinema documental que podemos descubrir en Tui?

 

No Diario Cultural de hoxe temos tempo de colaboración con Beli Martínez dende o Play Doc de Tui, un dos festivais máis recoñecidos de Galicia.

A sesión de hoxe recupera a colección de Carlos Dagá, cineasta amateur tudense.

Tamén dentro da programación falaremos do filme do cineasta chileno Ignacio Agüero con ‘Nunca subí el provincia’, un fermoso traballo que fala sobre o cinema a través da correspondencia que este mantén cunha cineasta.

Tamén comeza un festival histórico como é o OUFF que celebra en Ourense a súa edición número 25. Destacan as homenaxes póstumas a Cuerda e Eloy Lozano así como a Roberto Verino. Ademais da estrea do filme ‘Olvido y León’ dirixida por Xavier Bermúdez.

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share