Despois do seu éxito en Galicia, a adaptación teatral de Fariña chegará a un dos espazos de máis sona de Madrid. O concello madrileño presentou onte a programación do Teatro Español e as Naves del Español en Matadero, os centros de referencia na cidade.
A adaptación da obra de Nacho Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia será un dos primeiros títulos neste reencontro dos espectadores co teatro logo da parálise provocada pola crise sanitaria.