Co apoio da Área de Cultura da Deputación de A Coruña e comisariado por Performa, a Libraría NUMAX celebra o sábado 22 de agosto a segunda e última xornada dos Discursos en acción, un ciclo de conferencias performativas que muda o Cinema NUMAX nun espazo onde ensaiar propostas entre o divulgativo, o artístico, o escénico ou o audiovisual. Interveñen Jacobo Bugarín, Misha Bies Golas e Xisela Franco
Durante a mañá e a tarde do sábado 22 de agosto os artistas Jacobo Bugarín, Misha Bies Golas e Xisela Franco serán os encargados de expoñer as súas conferencias ante o público que reserve praza -de balde- no correo comunicacion@numax.org.