A Asociación Nordés organiza desde hoxe, e ata este sábado 22 de agosto a X edición das “Xornadas Memoria dun Tempo”, versión Covid.19, que ven a ser plantexada e levada adiante despois dun proceso de debate sobre a realización ou suspensión deste encontro anual coa memoria histórica no Ortegal e A Mariña.
Deste xeito, as conferencias terán un aforo limitado a 28 persoas e serán retransmitidas polo facebook de Nordesfaladora. Hoxe, a partir das 19:30 comeza o ciclo coa exposición ‘Democracia e violencia na II República’, na que intervirán Emilio Grandio, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela; e Eliseo Fernández, historiador ferrolán e grande coñecedor da historia do anarquismo na Galicia.
Asociación Nordés organiza a X edición das ‘Xornadas Memoria dun Tempo’ desde hoxe ata o domingo
Podcast: Play in new window | Download (8.3MB)
Subscribe: RSS