Xulia Vicente chega ó Viñetas desde o Atlántico coa recente publicación de “Elisa e Marcela”

O salón de banda deseñada, Viñetas dende o Atlántico, abre as súas portas nunha nova edición na que pretende achegarse máis ó público infantil e xuvenil dende a progresiva feminización das súas voces.

E como visitante asidua na infancia do Viñetas e como muller emerxente na banda deseñada, que mellor baluarte que a escritora e ilustradora Xulia Vicente.

Xulia Vicente ten publicadas as bandas deseñadas “Anna Dédalus detective: O misterio da mansión queimada”, “Duerme Pueblo” e dous volumes da triloxía “Sello del dragón”, que espera completar cara a finais deste ano coa publicación da terceira entrega.

Porén, postos a salientar, deberiamos deternos en falar de “Elisa e Marcela“, a súa última banda deseñada, publicada este ano no día do orgullo LGTB por encargo do Consello da Cultura Galega. Un encargo sorprendente que sen dúbida soubo aproveitar.

Realizar esta banda deseñada, conta, non foi sinxelo, pois hai partes das vidas de Elisa e Marcela, que polo descoñecemento que temos delas, son ficcionadas. Porén, o proxecto saíu adiante e a distribución, di, comezará xa o vindeiro mes de setembro.

Polo de agora, neste Viñetas dende o Atlántico, Xulia Vicente terá a súa obra exposta na sede central do festival, o Kiosco Alfonso. Un espazo que compartillará cos Alessandro barbucci, Enrique Vegas e Pau.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share