“Historia gráfica do Noroeste” é un proxecto expositivo que recrea imaxes do xa consolidado Noroeste Estrella Galicia en nove estruturas independentes repartidas pola cidade d’A Coruña.
Na mostra preséntanse máis de medio cento de fotografías correspondentes a 22 ediciones do Festival Noroeste Estrella Galicia. A Praia de Riazor, a Praza de Lugo, a Avenida da Marina, o Campo da Leña ou a fonte dos surfistas, son, entre outros, os espazos que acollerán esas imaxes a gran tamaño que rememoran instantes inesquecibles dun festival que forma parte da historia viva da cidade.
Preténdese, por unha banda, poñer ao alcance do público o ámbito de traballo de Nonito Pereira, este crítico que bautizou o certame e quen lle deu o espírito que aínda hoxe mantén, e por outro, recuperar emocións. Con el falamos de como o Festival Noroeste Estrella Galicia se reformulou nesta 34 edición como unha volta ás súas raíces máis vencelladas á música local e galega, malia teren pasado pola cita tamén grandes nomes internacionais. Ambos conviven nesta exposición na que terán sitio desde a mítica banda coruñesa Cacahüé ata Patti Smith.