Xosé Luis Rodríguez Puma fálanos da exposición Carvalho Calero: A voz presente, organizada pola AGAL e a Xunta. Conversamos tamén co violinista Bernat Prat con motivo da actuación do cuarteto de corda Cosmos na Igrexa de San Francisco de Viveiro no Festival Bal y Gay; e co clarinetista Luis Cámara que estará como convidado.
E a nosa colaboradora especializada en poesía, Alba Cid, tráenos hoxe unha novidade de finais deste xullo de 2020, o novo poemario de Martín Veiga, A ganancia e a perda (Kalandraka, colección Tambo, 2020).