Inicia mañá, sábado 15, en Ponteareas, a 8ª edición do Festival Groba de música clásica

Ponteareas acolle un ano máis o Festival Groba de música clásica nunha oitava edición moi especial, alén da situación de pandemia que rodea a todos os eventos celebrados nestes tempos.

E a excepcionalidade deste Festival Groba aséntase fundamentalmente en tres fitos: Primeiramente a homenaxe a Clara Groba, irmá de Rogelio Groba, que desgrazadamente faleceu neste ano. En segundo lugar, os 25 anos que cumpre a Orquestra de Cámara Galega, fundada por Rogelio xunto coa súa irmá Clara. E por último, pero non menos importante, o 90 aniversario do Mestre Rogelio Groba, que segue compoñendo cando supera xa con creces as 700 obras da súa autoría.

O festival reunirá a grandes talentos galegos e internacionais e as entradas, de balde, poderanse reservar no telefon 618 705 639 ou no enderezo electrónico departamentocultura@ponteareas.gal.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share