A través da historia de once nenas e nenos en dez países diferentes, esta exposición reflicte os logros e desafíos dun continente diverso e fascinante. Os seus autores, Alfons Rodríguez e Xavier Aldekoa, din que “Indestructibles” non é un proxecto sobre gañadores nin de perdedores, senón un proxecto sobre a infancia africana que loita.
A mostra fotográfica que acolle a sede d’A Fundación d’A Coruña forma parte dun proxecto transmedia que inclúe varias reportaxes, unha páxina web, a publicación dun libro e incluso unha longametraxe.