Últimos resultados da campaña arqueolóxica no Campo do Castro, na Punta Sarridal en Cedeira

Nesta semana, daremos conta co noso colaborador arqueólogo, Mario César, dos resultados da última campaña arqueolóxica en Campo do Castro (Cedeira), dirixida polo arqueólogo Emilio Ramil.

O Castro Sarridal enmárcase na segunda fase da cultura castrexa, entre os séculos V – II a.C. ata a etapa galaico romana, entorno aos séculos I-II d.C. Posteriormente o castro abandónase por completo ata as sondaxes arqueolóxicas iniciadas no 2017.

O tamaño do castro abarca toda a península do Sarridal e na súa unión coa terra presenta un sistema defensivo con dous profundos fosos e dúas murallas. Ademais, atópase rodeado de cantís. O seu elemento arquitectónico mais destacado é o “Monumento con Forno”, unha estrutura dedicada aos baños de vapor que conta cunha complexa arquitectura.

Na última intervención, rematada a pasada semana, escavaron o camiño de acceso ao castro, o cal conta cun lousado que leva á antecámara da sauna. Escavaron tamén a liña defensiva interior do primeiro recinto fortificado co bastión de acceso e atopando todo un novo bastión sobre o foxo. Un bastión de forma oval que controla o acceso e se acaroa ao paramento exterior, e que constitúe un singular complexo defensivo.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share