A nosa colaboradora de arte pública na rúa, Rosario Sarmiento, vén falarnos dunha das intervencións máis singulares de Manolo Paz: “Familia de Menhires” ou “Menhires pola paz“. Un conxunto de 12 menhires cravados sobre a liña marítima do horizonte, que de forma elíptica acoutan o espazo convertidos xa nun símbolo da cidade.
Con esta obra Manolo Paz non só consegue unha perfecta simbiose entre obra e espazo físico e temporal, senon a tradución do seu propio vocabulario creativo a unha obra que se compromete coa contorna, transformándoo e enriquecéndoo.
Manolo Paz é sen dúbida, un dos nomes de referencia na escultura contemporánea en Galicia destas últimas décadas. Formado a finais da década dos setenta na Escola de Artes e Oficios Santiago de Compostela, o comezou a darse a coñecer ao cultivar excelentes críticas durante a súa participación na V Bienal Nacional de Pontevedra cos seus característicos traballos en pedra. Xunto a Leiro, Menchu Lamas, Patiño e Lamazares converteuse nun dos valores plásticos máis destacados do panorama artístico galego de comezos dos anos 80
As referencias das súas escultura ancóranse na cultura celta relacionada co mundo megalítico e castrexo. É un creador que desenvolveu ao longo da súa carreira un estilo propio, cuxa referencia máis clara é o seu traballo coa pedra , aínda que tamén traballou outros materiais como o metal ou a madeira, combinando esta última coa pedra .