A Fundación Luís Seoane acolle a exposición ‘Poéticas Pendulares’ como peche do festival RESIS

A terceira edición do Festival de Música Contemporánea da Coruña, RESIS, baixa o pano este ano abrindo as portas ás Poéticas Pendulares. Esta é unha exposición que reúne cinco pezas audiovisuais de diferentes artistas cuxo nexo común é a utilización do corpo, o espazo e o tempo como elementos da expresión artística. A través destes elementos establécese un diálogo entre a arte coreográfica e a poesía.

As pezas son Les grands fantômes, As Grandes Pantasmas, de Louise Narboni e Yoann Bourgeois; Figuras decorativas, de Verónica Vicente; Urna, de Xurxo Gómez-Chao; La vaca, la perra, la virgen, de Luz Arcas, e Vibración do tempo, de Gosia Trebacz.

 

 

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share