O músico galego Carlos Núñez comeza a súa xira Lugares Máxicos, unha xira onde se aposta por abandonar lugares pechados, contaminantes, agoniantes, por buscar outros máis abertos e especiais.
A xira, que se viña cavilando dende hai 5 anos, garda unha estreita relación coa arqueoloxía na busca de escenarios onde a contorna conxugue coa música nun espectáculo aínda máis especial.
Este mesmo venres 7 estará no pazo de Baión en Vilanova de Arousa. O día 8 estará no Mosteiro de San Salvador en Celanova e o 9 no de Santa María en Melón. A acollida está sendo moi boa por parte do público e, de feito, as entradas para o día 15 no Miradoiro de Monteferro en Nigrán xa están esgotadas. É por iso que se decidiu realizar unha nova sesión cun concerto matinal, alí mesmo, no día 16.
Nesta xira, o artista fará un adianto de Qeltic Bethoven, o seu próximo traballo, en que repasará os últimos Opus da lenda da música clásica que gardaban unha estreita relación coa música tradicional celta.