Agosto Monicrequeiro é a nova oferta de ocio e cultura familiar que nos propón a Cidade da Cultura. Uns espectáculos de marionetas que se desenvolverán ao aire libre, no Xardín do Teatro.
A programación inclúe as propostas das máis prestixiosas compañías galegas de marionetas: Tanxarina Títeres, que estará o 12 deste mes de agosto, Os monicreques de Kukas, o 19; e hoxe mesmo inicia este ciclo Baobab Teatro ás 7 da tarde co seu espectáculo Roque, Roquiño descobre o camiño, no que a actriz Andrea Bayer, descóbrelle a un fermoso e tenro monicreque e aos máis cativos as historias do Camiño de Santiago.
A directora do espectáculo, Andrea Bayer fálanos da súa proposta