A gran cita de harpa en Galicia, o Noia Harp Fest, presenta nesta edición tres concertos: Alba Barreiro Trío, Noia Harp Consort e a banda do gambiano Mbye Ebrima, por primeira vez en Galicia.
Falamos co director do festival, Rodrigo Romaní, que nos desvela as claves desta nova edición; e con Alba Barreiro, a encargade de innaugurar este ciclo de música clásica.
A arpista viguesa presenta en formato trío o primeiro traballo discográfico adicado á música galega transcrita para arpa pola propia intérprete: ‘Eixos cromáticos’. Unha proposta musical, a que nos fai Alba Barreiro, basada nas composicións de dous dos referentes da música culta galega de principios do séxulo XX: Andrés Gaos e Xesús Bal e Gay.