A Fundación Rosalía de Castro conmemora os 135 anos dende o falecemento da poeta galega, con recital poético e actuación musical.
As situación sanitaria obrigou a cambiar o tradicional festival ‘Abride a fiestra’ por outro tipo de acto. Pero non falta a poesía, a música e os relatorios, coas voces de Cándido Duro, Antón Blanco e Noelia Gómez. A música chega da man de Carmen Dor. Tamén serán protagonistas o director da revista ‘Follas Novas’, Xosé Luis Axeitos; a Amiga da Casa de Rosalía Carme Hermida, o promotor da iniciativa Estrela Rosalía, Martin Pawley, e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira.
A Real Academia Galega publica o discurso de ingreso dun dos maiores e máis ilustres investigadores de Rosalía de Castro, o escritor Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.