A editorial galega Hugin e Munin achega libros de diferentes épocas e lugares aos lectores galegos. A peste, de Albert Camus, xa está traducida ao galego da man de Isabel Soto e Xavier Senín.
“Este libro ten diferentes lecturas, en función da idade do lector”, explica o director da editorial, Alejandro Tobar.
Esta nova editorial, que tamén é un club de lectura, nace co obxectivo de “incrementar a literatura traducida ao galego”, segundo asegura o seu director. Así xorde no 2011, en plena crise económica, unha iniciativa arriscada que apostaba pola cultura do país.
Outra das obras publicadas é a novela Apropiación indebida, de Lena Andersson, unha obra supervendas en Suecia.
“No momento de traducir, os pensamentos e sentimentos son universais”, explica a súa tradutora, Marta Dahlgren.